Shopping security
PREMIO MARTA MATA DE PEDAGOXÍA 2020
Esta obra xorde da experiencia dos autores como artistas e profesores nunha facultade de formación de profesorado. Partindo do debuxo como un medio espontáneo, ubicuo, democrático e inherente ao ser humano, examinan a práctica artística e educativa do debuxo. O libro recolle as propostas de debuxo froito da súa investigación artística levadas a cabo con nenos e nenas de infantil e primaria en colaboración con escolas, familias e colectivos interesados en metodoloxías activas. Agrúpanse en catro apartados: volver debuxar (pensadas para que as persoas adultas que traballan coa infancia recuperen o debuxo), contar debuxando (experiencias onde conviven palabras e imaxes), xogar debuxando (o debuxo a través do xogo) e concienciar debuxando (debuxo activista). Todas elas comparten como de características o incidir na idea de proceso (descubrir formas de facer abertas que non buscan un único resultado); experimentar con diferentes materiais, técnicas e linguaxes artísticas; favorecer a creación dun imaxinario e estilo persoal apartándose de respostas estereotipadas; e educar o sentido estético.
Artistas plásticos e profesores da área de Expresión Plástica na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo (USC). Licenciados en Belas Artes pola Uvigo, doutores en Belas Artes (UGR) e Humanidades (USC), respectivamente, e graduados en Cerámica pola EASD Ramón Falcón de Lugo, desenvolven a súa investigación artística en medios como o vídeo, o debuxo, a escultura e a instalación. A súa obra expúxose individualmente en importantes museos de arte contemporánea: Raíña Sofía (Madrid), CGAC (Compostela), MUSAC (León); tamén en numerosas exposicións colectivas. Son promotores do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada, un colectivo que pretende achegar ás escolas metodoloxías baseadas nas artes e contribuír ao deseño de espazos e recursos educativos de calidade nas aulas. As súas propostas recóllense no blogue escolaimaxinada.com. Publicaron: Educar a través dá arte. Cara a unha escola imaxinada Premio Educacompostela 2017, e Debuxar o mundo, Premio Marta Mata de Pedagoxía 2020.
____
Editorial: GalaxiaShips within 48 hours · Estimated delivery Jun 23 - Jun 28
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order